Desaloxadas máis de 2.000 persoas por un incendio forestal na Palma

O lume declarouse na madrugada deste sábado no noroeste da illa e afecta a máis de 5.000 hectáreas, obrigando ao desaloxo de 2.021 persoas, actualizaron o presidente de Canarias, Fernando Clavijo Batlle, que se desprazou á illa para seguir a evolución do incendio forestal e a Garda Civil. Preocupa a previsión meteorolóxica e o rápido avance das chamas, impulsadas por un forte vento. Feito que leva a poñer en dúbida o control do incendio ao longo deste sábado, «vai ser moi complicado», confirmou Vicente Rodríguez, o alcalde da localidade máis afectada, Puntagorda. Trátase dun incendio de interface e forestal con gran potencial, que está a emitir focos secundarios a 200 metros de distancia cara a zonas tanto de cultivos como matogueira e piñeiral.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha