Desaloxado un centro educativo do Barco de Valdeorras ao producirse un incendio nunha aula

Foi a intensa fumareda provocada polo incendio o que alertou ao persoal docente, que rapidamente chamou ao 112 Galicia e evacuou aos pais e nais reunidos nese momento. Decontado, os xestores do Centro Integardo de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos Bombeiros de Valdeorras, así como aos membros do GES e voluntarios de Protección Civil para extinguir as lapas que causaban danos nun aula de cativos agora baleira.

Así, os efectivos do parque comarcal controlaban o lume que calcinou diverso material. De momento, descoñecen as causas, pero sospeitan dun fallo nun ordenador.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha