- Dúas persoas tiveron que ser atendidas por inhalación de fume
Un incendio nun taller de motos obrigou a desaloxar, por precaución, un edificio situado na Avenida de Val Miñor, en Nigrán. Dúas persoas precisaron asistencia sanitaria ao inhalar moito fume, segundo apuntaron axentes da Policía Local, ao estar nese momento no interior do local.
A alerta do incidente produciuse sobre as 18:00 horas deste luns grazas a unha chamada dunha persoa particular ao 112 Galicia, desde onde se activou un operativo no que participaron os Bombeiros do Baixo Miño, membros do GES de Val Miñor, persoal do 061 e a Policía Local de Nigrán.