41
- As investigacións apuntan a que o lume foi intencionado
Un incendio nun dispensador de papel hixiénico obrigou ao alumnado do IES Monte Carrasco de Cangas, na parroquia pontevedresa de Darbo, a abandonar as instalacións durante os labores de extinción. Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais.
Foi a propia dirección do centro educativo quen, sobre as dez da mañá deste martes, alertou ao 112 Galicia do suceso.
Ata o instituto acudiron os Bombeiros do Morrazo e os voluntarios de Protección Civil para facer fronte a unhas lapas que o equipo docente xa trataba de sufocar cun extintor. Bastou esta medida para resolver a situación que, segundo as investigacións dos equipos de intervención, tivo unha orixe intencionada.