Desaloxados dous edificios en Carral a causa dun incendio nun garaxe

Brigada de bomberos

Un incendio nun garaxe, situado na Rúa do Pan, na localidade de Carral, mobilizou esta madrugada aos servizos de emerxencia e obrigou, por precaución, ao desaloxo de dous edificios. Afortunadamente, non se rexistraron danos persoais.

O garaxe ardeu case por completo. Arderon un quad e un turismo na súa totalidade. Ademais, outros tres vehículos, dúas motos e un turismo, víronse afectados polas lapas, así como, a estrutura do inmoble.

Nada mais recibir o aviso, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia alertouse aos Bombeiros de Arteixo, á Garda Civil e os efectivos de Protección Civil da localidade. Tamén informaron ao 061-Urxencias Sanitarias, que por fortuna, non foi precisa a súa intervención.

Tras extinguir o incendio, os bombeiros comunicaron ao 112 Galicia que os veciños das vivendas desaloxadas puideron volver ás súas casas con normalidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha