Desaloxados dous edificios en Sada por culpa dunha fuga de gas

A rotura dunha tubaría provocou unha fuga de gas que obrigou ós servizos de emerxencia a desaloxar, como medida preventiva, dous edificios na Rúa da Laguna, no concello coruñés de Sada.

Unha chamada dun veciño alertaba ao 112 Galicia dun escape de gas tras chocar un vehículo contra unha tubaxe. De inmediato achégaronse ata o lugar dos feitos os Bombeiros de Betanzos, axentes da Policía Local e Protección Civil da localidade.

Así, tras o desaloxo preventivo das vivendas, os servizos de emerxencias realizaron as comprobacións oportunas para localizar a fuga. Segundo puido confirmarse mediante as medicións practicadas polos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento que resultaron negativas, os veciños puideron volver ás súas vivendas.

Durante os traballos dos servizos de emerxencia, a Policía Local limitou o acceso a zona para garantir a seguridade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha