Desaloxados os veciños dun edifico en Arteixo por mor dun incendio nunha cociña

1 minutes read
  • Non houbo danos persoais e os veciños puideron regresar ás súas vivendas unha vez atallado o incendio

Os servizos de emerxencia desaloxaron por precaución un edificio situado na rúa Torrente Ballester, en Arteixo, por mor dun incendio nunha cociña dunha das vivendas, sen que se rexistrasen danos persoais.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 12:20 horas, a través dos Bombeiros de Arteixo. A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento da Policía Local, do Servizo Municipal de Protección Civil e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Os veciños puideron regresar as súas vivendas unha vez atallado o incendio.