Desaloxados seis municipios por un incendio en Málaga


Seis municipios tiveron que ser desaloxados en Málaga por dous incendios en Sierra Bermeja, que se fusionaron nun só foco. Segundo medios locais preto de 3.000 persoas puideron ter que abandonar os seus fogares Jubrique, Genalguacil, Pujera, Júzcar e Alpandeire foron as localidades desaloxadas.

Tratouse dun lume, segundo explica o director de extinción, cunha potencia e unha forza inusitadas e sen nada que ver cos incendios aos que están afeitos no país. Os bombeiros do servizo andaluz de extinción recibiron axuda da Unidade Militar de Emerxencias do Exército para poder facer fronte ao incendio, que queimou máis de 6.000 hectáreas de bosque. Máis de 365 efectivos e 25 vehículos pesados traballaron por terra na extinción. A eles sumáronse 41 earonaves.