Desaloxan a inauguración dun bar no que había 244 persoas


Tras unha chamada á Policía, os axentes souberon que na inauguración dun bar en Candeán había máis xente da que cabía. No local o aforo era de 50 persoas, pero entre a terraza exterior e o interior chegaron a contabilizar ata 244, case todas denunciadas por non cumprir o protocolo anticovid. Tres persoas máis foron denunciadas por fumar sen manter o metro e medio de distancia entre elas.