Desaloxan o bar da antiga confraría de pescadores de Laxe e sancionan ao propietario e aos clientes

1 minutes read

A Garda Civil ha de Carballo desaloxou un establecemento de hostalería situado na antiga confraría de pescadores de Laxe e propuxo para sanción ao seu propietario e aos clientes que se atopaban no local por incumprir as normas derivadas do decreto de estado de alarma.

As investigacións levadas a cabo acreditaron que o titular abría o establecemento de forma habitual para un grupo reducido de persoas, que permanecían no interior do bar «un longo espazo de tempo» Segundo detalla a Garda Civil, os axentes puideron comprobar que os clientes consumían bebidas alcohólicas e fumaban no interior do establecemento.

Ante estas cuestións, o local foi desaloxado e tanto o titular como os clientes foron propostos para sanción por incumprir as normas de confinamento. A Garda Civil detallou que formulou oito denuncias no prazo de dous días en Laxe a diferentes persoas por incumprir as normas aprobadas para facer fronte á crise do coronavirus.