Desaparece un mariñeiro de Porto do Son en augas próximas a Panamá

0 minutes read

O home ía a bordo do espadeiro Cosmos, con base en Ribeira, cando por circunstancias que se descoñecen non se presentou a facer a garda que lle correspondía. Considérase a hipótese que puido caer ao mar. dende ese momento varios barcos pesqueiros buscan na zona na que se lle perdeu a pista. Segundo fontes próximas á familia do desaparecido, o barco dirixíase a descargar a Panamá e despois estaba previsto que a tripulación -entre eles o mariñeiro desaparecido- regresase a Galicia.