19
Un submarino turístico dedicado a ensinar os restos do Titanic desapareceu no océano Atlántico, onde xa se puxo en marcha unha misión de rescate segundo a garda costeira de Boston. Cinco persoas ían a bordo do sumbarino no momento da súa desaparición. De cando en vez, pequenos somerxibles levan a turistas de pago a ver os restos do Titanic. O somerxible estaba operado por OceanGate Expeditions, unha empresa que ofrece visitas aos restos do naufraxio, que se atopa no fondo do océano a uns 3.800 metros de profundidade e a 370 millas da costa de Terranova.