Desaparece unha muller na costa de Doniños en Ferrol



Efectivos de emerxencias tratan de localizar na zona da costa de Doniños a unha muller veciña de Ferrol, de 57 anos e domiciliada no barrio de Caranza, que falta do seu domicilio desde a tarde deste domingo.
A voz de alarma partiu dun familiar na mañá deste luns, sobre as 10,00 horas, cando comunicou que non tiñan noticias dela desde facía varias horas e que desconfiaban que podería estar na zona de Doniños. Na área de Punta Penencia localizáronse algúns dos seus efectos persoais.
O dispositivo de procura, está integrado por efectivos da Policía Local, Bombeiros de Ferrol, de Casaga cos seus cans de procura, Protección Civil de Ferrol, ademais de axentes da Policía Nacional pertencentes á comisaría de Ferrol-Narón.
Sobre as 11,30 horas tamén se uniu ao dispositivo o helicóptero ‘ Helimer 401’ de Salvamento Marítimo, que se desprazou desde A Coruña. Na zona tamén están familiares e amigos que participan nas tarefas de procura.