Desaparecido un bañista na viguesa praia de Samil

Foi ao fío das 18:30 horas da tarde deste domingo cando os Bombeiros de Vigo informaban ao 112 Galicia da súa saída por mor dunha persoa desaparecida na Praia de Samil.

Decontado, poñíase o suceso en coñecemento de Salvamento Marítimo, que mobilizou a embarcación Salvamar Mirach e ao helicóptero Pesca 1 do servizo de Gardacostas de Galicia. Do mesmo xeito, solicitouse a colaboración do 061-Urxencias Sanitarias, dos axentes da Policía Nacional e Local e Protección Civil da localidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha