Desartellada en Ourense unha banda de narcos que facía ata 2.000 quilómetros nun día

1 minutes read

A investigación comezou hai agora un ano, cando os axentes centraron o seu foco nunha familia asentada na cidade de Ourense. Tras varios meses, lograron identificar todos os membros da organización e determinar que tiña unha repartición de papeis perfectamente definida.

O xefe do Grupo de narcotráfico da Udyco da Coruña sinala: «Era unha organización moi definida e cada persoa tiña o seu papel definido»

O provedor da heroína foi identificado no mes de marzo.

José Luis Balseiro, xefe rexional de operacións: «Como anécdota podo contar que durante a investigación, todos os días, durmía en hostais e facía a súa vida nun coche. Ás veces facía 2.000 quilómetros ao día. Iso dificultou enormemente o que foi a investigación».

A operación acabou con 17 detidos en varias provincias españolas, 8 delas en Galicia e incautáronse de 66 quilos de speed e sete quilos de heroína.

José Luis Balseiro, xefe rexional de operacións: «17 detidos e 12 rexistros «Unha das singularidades da operación é a incautación do speed, 66 quilos, que é unha cantidade importante dentro do que é este tipo de substancia».

A investigación segue aberta e non se desbotan novas detencións.