35
Coa detención de 16 persoas nas últimas horas, queda desmantelada unha rede de distribución de haxix en Lugo. A policía incautouse de corenta quilos de droga, coches, armas, munición, teléfonos móbiles e diñeiro. Con estas detencións son xa 25 as persoas que pasaron a disposición xudicial por formar parte do maior grupo dedicado á distribución do haxix a pequena escala. Os detidos son todos membros dun clan familiar.
A investigación foi realizada polo Grupo de Estupefacientes da Comisaría de Lugo e coordinada polo Xulgado de Instrución número 1 desta cidade, coa colaboración de distintos grupos da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá e do GOES da Xefatura Superior de Policía de Galicia.