Desarticulada unha rede de branqueo de diñeiro do narcotráfico en agroforestal


A Axencia Tributaria desmantelou, no marco da segunda fase da ‘Operación Zebra’, unha rede que chegou a branquear bens procedentes do narcotráfico por un importe superior aos tres millóns de euros supostamente a partir de investimentos no sector agroforestal galego e outras fórmulas complementarias. Segundo informou a Axencia Tributaria, tras unha “complexa investigación patrimonial, por primeira vez en Galicia logrouse acreditar vínculos entre o narcotráfico e a explotación de plantacións para monte, un negocio que ofrecía fortes expectativas de revalorización para a rede”. As actuacións, levadas a cabo por funcionarios de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria en Galicia e Castela e León, arrincan en maio do ano 2015 coa detención dun dos principais investigados no que pasaría a denominarse operación ‘ Zebra II.