Desarticulado un grupo criminal dedicado ao tráfico de armas na Costa da Morte


O Equipo Roca da Garda Civil de Carballo desmantelou un grupo criminal dedicado ao tráfico de armas na zona da Costa da Morte e detivo a 4 persoas na fase de explotación da operación Percutores. A operación iniciouse o 4 de xaneiro do ano pasado ao ter coñecemento os compoñentes da mencionada Unidade da posible existencia dunha trama de venda de armas de fogo ilegais na zona da Costa da Morte. Froito do traballo de campo realizado, os gardas civís lograron pescudar que este grupo realizaba de maneira ilegal a compra destas armas e da súa munición no estranxeiro, vendéndoas posteriormente na zona a particulares que carecían do permiso de armas correspondente, chegando a ofertar a súa venda a menores de idade en proximidades de centros escolares.

Tras o estudo pormenorizado da información solicitada, a Garda Civil logrou a identificación plena dos supostos compoñentes deste grupo criminal, iniciando un dispositivo para a súa localización. No trascurso do mesmo, os efectivos do Equipo Roca localizaron a dous deles nas inmediacións dun parque infantil no termo municipal de Dumbría, en posesión dun arma de fogo carente de documentación, co número de serie borrado, municionada e en condicións de realizar un disparo. A Garda Civil procedeu á súa detención como presuntos autores dun delito de tráfico de armas e outro de pertenza a grupo criminal. Posteriormente foron localizados os outros dous supostos compoñentes do grupo criminal, aprehendéndolles 4 armas de fogo nas mesmas condicións que a primeira, procedendo tamén á súa detención como supostos autores dun delito de tráfico de armas e outro de pertenenci a grupo criminal. Coa detención destas 4 persoas, a Garda Civil dá por desarticulado un grupo criminal dedicado ao tráfico de armas, e que supoñían un grave risco para a seguridade cidadá.