Desarticulado un grupo criminal que realizaba estafas a través da internet

2 minutes read
  • Parte do diñeiro recadado era enviado a Nixeria

Este mércores axentes da Garda Civil da Comandancia de Bizkaia, en colaboración co Equipo de Denuncias de Estafas Telemáticas da Compañía da Garda Civil da Coruña, procedeu á desarticulación dun grupo criminal asentado na provincia de Bizkaia, o cal cometía estafas por Internet.

Os delincuentes utilizaban unha coñecida aplicación móbil para compravenda de produtos electrónicos de gran valor como ordenadores portátiles, cámaras de fotos ou teléfonos móbiles de última xeración. Contactaban co vendedor e efectuaban un pago falso, manifestando o mesmo a través de varios correos electrónicos que estaban manipulados, xa que mesmo saía o logo da Garda Civil para que o vendedor non desconfiase.

Cando a vítima reclamaba ao presunto estafador o pago, este solicitaba un novo ingreso con destino Nixeria, utilizando novamente o engano, e repetindo a suplantación da aplicación pagadora e a de Garda Civil nos seus correos electrónicos para alcanzar o seu fin. E para que a identidade dos presuntos estafadores non fose descuberta, estes usaban o DNI dun veciño dunha pequena localidade biscaíña que xa denunciara o seu roubo xunto a outras pertenzas mentres estaba a traballar en Vitoria.

A Garda Civil conseguiu identificar os individuos que se encargaban de recibir os paquetes que, posteriormente, eran vendidos en compravendas de segunda man, recibindo o diñeiro de forma inmediata. Así foron detidos un matrimonio de Santurce e un home de Bilbao. Ademais, procedeuse á toma de declaración en calidade de investigados a dous homes e dúas mulleres que residen en Erandio (Bizkaia), Alxeciras (Cádiz), Madrid e Avilés (Asturias) respectivamente, xa que utilizaban as súas identidades para dar de alta as liñas de telefonía móbil polas que se realizaba o contacto para a estafa.

Conseguíronse esclarecer polo menos 8 estafas perpetradas por toda España (Lérida, Barcelona, Almería, Xaén, Sevilla, A Coruña), atribuíndo a todos os investigados a catalogación delituosa de Grupo Criminal, Usurpación de Identidade e Delito Continuado de Estafa, das cales entende o Xulgado de Instrución nº 1 de Barakaldo.