Desarticulan unha rede que introducía cocaína polo porto de Vigo

1 minutes read

A Policía Nacional busca o líder dunha rede de narcotráfico que tentou introducir 650 quilos de cocaína a través do Porto de Vigo. Na operación, en conxunto con Vixilancia Aduaneira, incautáronse da droga e detiveron oito persoas e comisaron a droga agochada nun cargamento de bananas.

Os investigadores consideran desarticulada unha rede que tiña establecida unha ruta de entrada de droga entre Colombia e Vigo. O GRECO Galicia da Policía Nacional e Vixilancia Aduaneira executaron a aprehensión dos 650 quilos de droga e a detención de oito persoas. O líder da organización que estaría tras o alixo conseguiu fuxir. Trátase dun home galego pero radicado en Malága dende hai oitos anos.

O 25 de abril chegaba ao porto de Vigo un barco procedente de Colombia con froita. Descargou 14 palés. Aduanas estaba ao tanto de posibles irregularidades pero agardou a que os responsables da descarga levasen o cargamento de madrugada a unha nave da cidade de Vigo.

Alí procederon a detención de catro persoas. Nese cargamento estaban os 650 quilos de cocaína repartidos e dous lotes. Conxuntamente en Málaga arrestaron os catro restantes. O responsable do alixo, en Málaga nese momento, conseguiu fuxir. Fontes relacionadas coa investigación do caso consideran que é o responsable dunha ruta estable de entrada de cocaína a España dende Colombia a través do porto de Vigo.