38
Hai oito anos, tras as eleccións municipais de 2011 nas que non foi quen de recuperar a alcaldía de Vigo, a popular Corina Porro (Ferrol, 1953) foi recolocada por Feijóo en Santiago como presidenta do Consello Económico e Social (CES), o principal órgano consultivo de Galicia, cun soldo de 69.000 euros anuais máis trienios, superior ao dos conselleiros.
Agora Porro é a elixida por Feijóo para facerse cargo da xestora que rexerá o descomposto PP de Vigo tras o novo fracaso das pasadas eleccións municipais. Un camiño de volta que deixa descabezado un CES que debera ser representativo do conxunto da sociedade galega pero cuxos dous últimos presidentes foron nomeados con polémica por ser destacados membros do PP de Vigo.