Descarrila un tren de mercadorías en Taboadela

0 minutes read

Un tren de mercadorías descarrilou a última hora da tarde deste luns no concello ourensán de Taboadela sen causar danos persoais. O convoi estaba facendo manobras de cambio de vía cando 3 dos seus vagóns, que estaban baleiros, se sairon dos raís. A circulación permaneceu interrompida varias horas entre Ourense e Zamora. O corte afectou 163 pasaxeiros dos Alvia Pontevedra-Madrid, Madrid-Lugo e Madrid-Ferrol que tiveron que completar a viaxe en autobús.