Descarrila un tren entre Ferrol e Ortigueira por un desprendemento de terra na vía

Imaxe de arquivo

A circulación ferroviaria entre Ferrol e Ortigueira permanece interrompida debido a un desprendemento de terra que provocou o descarrilamento do primeiro vagón dun tren, segundo confirmou Adif, sen rexistrarse danos persoais.

O tren afectado cubría o roteiro entre Ribadeo e Ferrol e no vagón accidentado viaxaban catro pasaxeiros que resultaron ilesos. O 112 Galiza recibiu unha chamada por parte do centro de control de Renfe, que daba aviso deste incidente. En concreto, sinalaba que un tren descarrilara sobre as 18:10 deste venres nas proximidades do apeadeiro de Lamas, á altura do lugar de Fabal, en San Sadurniño, e que ninguén resultara ferido. Ao ter coñecemento dos feitos, os xestores do 112 Galicia informaron os Bombeiros do Eume e á Garda Civil.

Así mesmo, Adif comunicou que o seu persoal encárgase de trasladar aos pasaxeiros coa axuda doutro convoi, ademais de levar a cabo os labores de remolque do tren e de tratar de restabelecer a circulación «o máis axiña posíbel».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha