O concello coruñés de Tordoia sería referente no estudo do neólitico se se confirman os indicios na contorna da Pedra Longa. O monumento pétreo milenario non está catalogado, ten trece metros de altura e forma singular con tres metros de diámetro na base inferior visible e sete na parte alta. Son permenores que relata un estudoso empeñado en chamar a atención dos expertos sobre esta contorna. O párroco de Cabaleiros, en Tordoia afirma que “Pedra longa se o traducimos ao bretón é menhir. Pedra longa é menhir”, comenta convencido. “Creo que estamos ante o menhir, pedra longa, máis alto conservado. Hai un en Irlanda que ten 21 metros de altura, pero está feito tres anacos caído. Igual que lles pasou a moitos desta contorna, porque toda esta zona está chea de menhires”. Este autodidacta subliña outra interrelación entre o grandioso elemento de Cabaleiros e a toponimia: “Sabes como se di en gaélico pedra longa? Tordoia. Estamos no concello de Tordoia”.
0