Descobren un estraño sistema solar de seis planetas

1 minutes read

Un equipo internacional descubriu seis planetas en órbita ao redor dunha estrela similar a o Sol, chamada HD 110067. A peculiaridade deste sistema solar está en que as súas órbitas están sincronizadas dunha forma coñecida como “resonancia”, algo pouco frecuente na nosa galaxia e que significa que permaneceu  sen apenas cambios desde a súa formación. É probable que os planetas estivesen practicando esta mesma danza gravitatoria desde que se formou o sistema, fai miles de millóns de anos, segundo desvela o CSIC nunha nota de prensa. A investigación, liderada por Rafael Luque, da Universidade de Chicago, publicouse  este mércores na revista Nature, e conta coa participación do Instituto de Ciencias do Espazo (IZAR-CSIC), o Institut d’Estudis Espacials de Catalunya (IEEC) e do Instituto de Astrofísica de Andalucía (IAA-CSIC). 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?