Dende o Bng de Cabana queren deixar constancia do descontento que veñen de vivir debido ao desenrolo do pleno municipal de novembro.
Móstranse sorprendidos de que o Alcalde non tivera a consideración de incorporar a moción presentada por este partido na orde do día do pleno, producíndolles un gran desencanto, pois a Moción do 25 de novembro, donde demandaban ás diferentes administracións e o propio concello, compromisos como que se cumprira o Pacto de Estado que foi aprobado pero que a día de hoxe non se esta a levar a cabo, ou o incremento de ata o 1% do seu orzamento á Xunta de Galiza para poder ter máis medios contra a loita dunha lacra como é a violencia de xénero.
Segundo o BNG estas demandas non foron admitidas polo simple feito de que dende a alcaldía non se ten por costume traballar con mocións xenéricas, escudándose así no feito de que se atacaba as diferentes administracións, cando non se pode estar máis lonxe da realidade, pois o que se fai e fincapé na adopción dos acordos, compromisos e solucións para loitar contra esta doenza.
A moción foi votada como urxente, cos votos a favor de BNG, PSOE e UNIDOS X CABANA e cos votos en contra dos 8 concelleiros do PP.