Descubre as 31 actividades culturais e deportivas que organiza o Concello da Laracha

Presentación del programa de actividades municipal_Concello da Laracha

  • O alcalde e a concelleira de Cultura e Deportes presentaron este venres a programación 2021-2022

O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e a concelleira de Cultura e Deportes, Patricia Bello, presentaron este venres a programación das actividades que se celebrarán durante os próximos meses ata finais de maio. En total hai 31 propostas diferentes, das cales 14 son para o público infantil e as 17 restantes para adultos, que se realizarán nas parroquias de Montemaior e Soandres ademais da Laracha, Paiosaco e Caión.

A oferta de actividades para nenos e mozos inclúe fútbol sala, informática, pádel, patinaxe, obradoiro de cociña infantil, teatro, tiro con arco, tenis de mesa, voleibol, xadrez, ximnasia rítmica e zumba kids, manualidades, debuxo, robótica e gaming.

Por outra banda, o público adulto poderá participar en aeróbic, aquagym, arte floral, bailes latinos, cociña, encaixe de palillos, informática, ioga, manualidades e pintura ao óleo, labores de tecido, memoria e alfabetización, pádel, pilates, restauración e tapizaría, teatro e ximnasia de mantemento.

O alcalde mostrouse satisfeito na presentación do programa xa que poñelo en marcha «significa que estamos volvendo a unha certa normalidade», destacando que a selección das actividades fíxose «retomando las que venían funcionando con buena aceptación de los vecinos e incorporando otras noticias que creemos serán bien acogidas».

Este luns ábrese o prazo de inscrición habendo menos prazas dispoñibles debido ás restricións pola Covid-19. Os particicpantes deberán anotarse acudindo ao Concello ou na web municipal. As persoas empadroadas terán preferencia á hora de poder acceder ás actividades e só se ofertarán prazas ao resto de nenos se están escolarizados nalgún colexio da Laracha.

A cota xeral de inscrición será de 20 euros por toda a duración dos cursos, pero haberá descontos para as persoas que elixan participar en dúas ou máis actividades. Tamén existen reducións do 50% para menores de idade, persoas maiores de 65, familias numerosas ou aquelas cuxos membros se atopen no paro.