- O percorrido, organizado pola AELG, realizarase este sábado coa escritora Diana Varela Puñal
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), en colaboración con Concello de Ponteceso, celebrará este sábado un Roteiro Literario por Corme. A actividade terá aproximadamente unha hora de duración e contará coa autora Diana Varela Puñal como anfitrioa.
Este roteiro enmárcase dentro dos Paseos literarios polas vilas da provincia da Coruña, grazas a un acordo coa Deputación, que permiten coñecer os diferentes lugares a través de autores.
As persoas interesadas en asistir deberán anotarse enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org. A iniciativa partirá do Xardín Vello, diante dos murais.