Aínda que esteamos sós no noso domicilio o confinamento pódenos axudar a facer novas amizades. E non se trata das que facemos no balcón cando saímos a aplaudir ás oito. Tamén podemos coñecer a xente que viva noutra rúa, barrio, cidade, provincia e mesmo país. Internet dános esa oportunidade de interconectarnos e as aplicacións e portais para coñecer xente levan máis dunha década garantindo a conexión entre persoas con seguridade, privacidade e protección de datos.
Compartir afeccións e hobbies, empezar falando sobre cinema ou series que nos gusten e, mesmo, queixarnos do aburridos que estamos na casa ou que xa estamos cansados de ordenar armarios e facer biscoitos… pode ser a maneira de establecer unha conversación e achegarnos a alguén nestes momentos. O certo é que a tecnoloxía une a persoas que mesmo eran descoñecidas antes do confinamento e é que esta situación de illamento animou a moitos a dar unha oportunidade a estas aplicacións para coñecer xente.