Deseñan en Nigrán unha cabina que desinfecta roupa en 22 segundos

GTG Enxeñeiros, unha empresa con sede en Nigrán adicada á seguridade industrial, coma todas as empresas españolas, pechou as portas durante o confinamento. O seu CEO., Pedro García-Trejo, cóntanos como o seu equipo de I+D falaba telemáticamente, a diario, cada un desde a súa casa de como sería a nova realidade e que necesidades novas se crearían.

Esas condición hixiénicas da roupa conséguense en 22 segundos. Virus e bacterias abandoan os tecidos através de luz ultravioleta sen usar produtos químicos que estraguen, quiten cor ou estiren ou encollan unha prenda. Luz ultravioleta, e listo, sen espera e sen perigo.

Tamén deseñaron unha mini cabina para pequenos obxectos. Chóvenlles peticións desde os comercios, hoteis, restaurantes e incluso desde algunha pequena comunidade de veciños.