Deseñan máscaras sanitarias con encaixe de Camariñas

Taller de Esteban Freiría

O deseñador galego Esteban Freiría deseña máscaras sanitarias con encaixe de Camariñas. O artista vigués afincado en Marbella materializou as súas creacións baseándose en dúas ideas principais: moda nupcial, confeccionada con tela elástica de cor carne, con encaixe bordado e ‘ribeteado’ con encaixe de Camariñas, e motivos florais de latón coa firma de Ana Freiría, a súa sobriña.

Todos os modelos levan un bolsillo interior para introducir o filtro TNT, cabe destacar que os modelos son todos personalizados, creados de xeito individual para que “ningunha persoa repita modelo”, indica Esteban Freiría.

“Esto surdiu da necesidade de poñerse a traballar. Eu vivo nun lugar onde traballo moito para eventos, festas, hoteis… e hai que adaptarse. Desde o primeiro día moitas persoas me chamaban e decidinme por facer máscaras sanitarias. Púxenme en contacto con persoas do sector sanitario que me indicaron a mellor maneira de executar estes traballos”, comenta o deseñador.

Mascarillas elaboradas no Taller de Esteban Freiría_ Foto.- Marbellachic.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha