Desenvolvida unha xornada de limpeza dos fondos mariños da illa de Sálvora

1 minutes read

Os traballos leváronos a cabo mergulladores da entidade náutica Medusa, ao abeiro da subvención concedida no marco da liña de financiamento para actividades na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. 

Esta actuación, unha das más de trinta que leva a cabo este club de mergullo en colaboración co parque, completarase cunha segunda limpeza o vindeiro mes de setembro. 

Cómpre salientar que a limpeza dos fondos mariños é unha actividade moi importante para a conservación do medio ambiente acuático e tamén é unha ferramenta efectiva para a educación ambiental, xa que permite tanto concienciar sobre a problemática da contaminación como promover a participación cidadá na protección dos océanos.