Desescalada de alto risco

Media España recupera con cautela parte da normalidade perdida. Madrid e Barcelona quedan atrasadas do resto de España e con maior nivel de risco. Son as cidades máis afectadas pola COVID-19 e necesitan consolidar sistemas sanitarios débiles. Manteñen un risco alto e encabezan os datos de contaxios e mortes por mor da pandemia. O ministerio de Sanidade notificou este sábado 179 novos falecidos (50 menos que a xornada anterior), ata 26.478 falecidos en total. O presidente español Pedro Sánchez pediu este sábado prudencia #ante unha amenza aínda presente_:»Gustaríame dicir novamente: o virus non desapareceu, aínda está alí, á espreita. A loita contra a epidemia continúa porque non se extinguiu, nin se extinguirá ata que atopemos unha vacina ou un remedio terapéutico definitivo»._

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha