Desmantelado un taller clandestino de impresión de armas 3D


Unha operación conxunta da Policía Nacional e da Axencia Tributaria permitiu a detención dunha persoa, tras detectaren diversas compras en Internet de material susceptible de converterse en arma de fogo. O arrestado en Santa Cruz de Tenerife ostentaba simboloxía supremacista e tiña 30 manuais de impresión de armas 3D e de tácticas militares e de guerrilla urbana. Trátase do primeiro taller clandestino de fabricación de armas mediante impresión en 3D desmantelado en España. Contaba con dúas impresoras 3D, varias armas de fabricación tradicional, como dúas pistolas, catanas, navallas e unha pistola táser.