31
A Policía Nacional, xunto coa Policía Xudiciaria de Portugal, desmantelou en Pontevedra o maior laboratorio de Europa de procesamento de pasta basee de cocaína, capaz de producir para o seu consumo 200 quilos de droga ao día, nunha operación na que 18 persoas foron detidas e atópanse xa en prisión. Os detidos, que formaban parte dunha organización controlada por narcotraficantes de México e Colombia, encargábanse de transformar a pasta base en clorhidrato de cocaína lista para o seu consumo desde un chalé de grandes dimensións situado no municipio pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Os arrestos producíronse en Galicia (11), País Vasco (1), Madrid (4) e Las Palmas de Gran Canaria (2).