Axentes da Garda Civil realizaron unha operación na Coruña que logrou desmantelar un grupo criminal asentado en Galicia que se dedicaba a sextorsión. Ameazaban ás vítimas que eran usuarios de páxinas de contactos sexuais para lograr cartos plo seu silencio.
As vítimas, contactaban cunha muller por medio dunha páxina de contactos sexuais e concertaban unha cita que nunha chegaba a producirse.
Porén recibían despois graves ameazas polos gastos ocasionados por non presentarse ao encontro. A pesar de que pagaron o que lles pedían as ameazas nunca cesaban.
Os catro detidos pasaron xa a disposición xudicial e hai unha orde de detención internacional contra o cabecilla da banda, fuxido á República Dominicana. A operación policial denominouse “Amaurus”.