Desmantelan un laboratorio de drogas en Vilagarcía

Garda Civil

A operación «Acetona Branca» dirixida polo xulgado número 1 de Vilagarcía deixa 4 detidos, veciños desta localidade. 3 deles xa ingresaron en prisión acusados dun presunto delito de tráfico de drogas, pertenza a organización criminal e tenza ilícita de armas. A operación pemitiu ademais desmantelar un laboratorio de elaboración de drogas e intervir máis de 3 quilos de cocaína, abundante material para elaborala , armas de fogo e varios vehículos. A Garda Civil considera que os detidos formaban parte dun grupo criminal organizado dedicado ao tráfico de drogas na zona.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha