30
Terceiro día consecutivo de bombardeo contra Mikolaiv e Odesa. O exército ruso lanzou 38 mísiles de cruceiro e drons contra estas localidades. Os sistemas antiaéreos ucraínos só puideron interceptar 18, os proxectís supersónicos Onyx escapan ao seu control. Entre os entullos das numerosas vivendas destruídas, crece a indignación. En Odesa, polo menos unha persoa morreu no ataque. O bombardeo danou o consulado chinés. Os drons ucraínos tamén golpearon cidades baixo control ruso, como Rozdolne, en Crimea. Estados Unidos anunciou novas sancións contra 120 individuos e entidades a quen acusa de fornecer tecnoloxía militar e munición a Moscova.