35
Todo grazas ao acordo acadado entre Asesoría Xurídica Xeral da Xunta e a Avogacía Xeral do Estado que consiste en licitar a dragaxe da ría do Burgo sen paralizar a actividade marisqueira mentres non dan comezo as obras. Este paso, despexa o camiño xurídico que permite licitar a obra e demostra que non existe ningún impedimento legal nin xurídico para facelo. As conselleiras do Mar, Rosa Quintana, e de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantiveron unha xuntanza con representantes da confraría de pescadores da Coruña na que lle trasladaron este acordo.