Despregada a Fibra Óptica ata o Fogar -FTTH- en 9 núcleos de poboación de Trazo

Fibra óptica_ PIXABAY

A Fibra Óptica ata o Fogar -FTTH- xa está operativa en 9 núcleos de poboación de Trazo, o que permitiu que 96 novas unidades inmobiliarias dispoñan desta avanzada infraestrutura de comunicación. Estas vivendas súmanse ás 17 xa conectadas nos últimos meses á FTTH de Movistar, o que supón o 65% de todas as unidades inmobiliarias de Trazo. Os novos núcleos con cobertura de FTTH de Movistar son A Ponte, O Candendo, a Arnoba, Gurís, Raíndo, Quintán, A Irexe e O Porto. Os fogares conectados poden gozar xa da fibra óptica que ofrece voz con alta calidade nas chamadas e máxima velocidade de conexión a Internet en varios dispositivos (computador, tablet, móbil…) de forma simultánea e sen reducir a velocidade de conexión, entre outras vantaxes. Ademais, se o usuario dispón de MovistarPlus+, terá acceso a canles de alta definición e poderá gozar dos seus contidos mentres navega por Internet, ademais de conseguir a máxima velocidade e resposta nos xogos en rede.