Despois das ondas, da vida a unha das artistas máis destacadas do século XX, a actriz franco-galega María Casares, precisamente no momento en que volve a España tralo seu exilio de 40 anos. María Casares volve despois da guerra, do exilio, da morte, do éxito, da soidade, do amor.
A nena que cruzara a fronteira é agora a gran actriz da escena e do cinema francés, o símbolo da España refuxiada, e no seu recordo agroma unha Galicia perdida na brétema do pasado que nunca volverá a pisar. Despois das ondas viaxa nesa néboa onde a gran Casares se ten que perder para atopar o significado dunha vida chea de éxitos, de perdas e pantasmas.
A cita será este martes 25 de agosto no auditorio da Casa da Cultura de Cee, dentro da programación «agosto Cultural 2020».