Despregada Fibra Óptica ata o Fogar -FTTH- en 18 núcleos de poboación de Vimianzo


A compañía Movistar despregou a súa Fibra Óptica ata o Fogar -FTTH- en 18 núcleos de poboación de Vimianzo, o que permitiu que 386 novas unidades inmobiliarias dispoñan desta avanzada infraestrutura de comunicación. Estas vivendas súmanse ás 45 xa conectadas nos últimos meses á FTTH, o que supón preto do 70% de todas as unidades inmobiliarias de Vimianzo. Os  novos núcleos con cobertura de FTTH son Casas Novas, Piñeiros, Cambeda, Reboredo, O Careixo, Roalo, Rasamonde, Castromil, Señoráns, Reparada, Santa Irena, A Areosa, Serramo, O Arxomil, Gándara de Osa, Urroa, Sansobre e Torelo. Os fogares conectados poden gozar xa da fibra óptica, que ofrece voz con alta calidade nas chamadas e máxima velocidade de conexión a Internet en varios dispositivos (computador, tablet, móbil…) de forma simultánea e sen reducir a velocidade de conexión, entre outras vantaxes. Ademais, se o usuario dispón de MovistarPlus+, terá acceso a canles de alta definición e poderá gozar dos seus contidos mentres navega por Internet, ademais de conseguir a máxima velocidade e resposta nos xogos en rede.