Despregamento de líderes mundiais para dar o último adeus a Isabel II


Todo está preparado para dar o último adeus á Raíña Isabel II este luns. O Rey de España, Felipe VI, e a Raíña Letizia acudiron este domingo para presentar os seus respectos ante o féretro da monarca. Tamén o fixo a familia real sueca. O presidente de Estados Unidos Joe Biden asinaba no libro de condolencias e lembraba nunha sorte de rolda de prensa improvisada algún dos momentos que compartiu coa Raíña: “Cando a Raíña convidounos o castelo a tomar o té e chanceabamos cos bolos. Non deixaba de ofrecerme máis e máis e eu comíame todo o que me poñía diante. Pero era a mesma persoa que a súa imaxe: decente, honorable e todo polo servizo”.

Sempre desde un palco especial destinado ás autoridades, líderes europeos como o presidente do Consello, Charles Michael ou a presidenta da comisión Europea Ursula von Der Leyen tamén acudiron render homenaxe a Isabel II, así como o presidente de Francia Emmanuel Macron e a súa esposa que chegaban con lentes de sol negras e unha discreta vestimenta. Entre os máis de 2000 invitados, líderes políticos de Irlanda e a pesar das terribles circunstancias que atravesa Ucraína, o primeiro ministro do país, Denys Shmyhal, e a primeira dama, Olena Zelenska, asistiu a render homenaxe. Trátase dun dos eventos máis multitudinarios en décadas no país e por iso despregáronse máis de 20.000 efectivos nun operativo sen precedentes.