Despregamento de seguridade da OTAN en Kósovo

A OTAN desprega a Forza Internacional de Seguridade (KFOR) nas principais estradas do norte de Kósovo despois do fracaso da reunión entre o presidente de Serbia e o primeiro ministro kosovar en Bruxelas. Reunión da que saíron con ganas de seguir conversando nos próximos días, pero nada máis, segundo sinalou o xefe da diplomacia da UE, Josep Borrell. As tensións escalaron a finais de xullo cando o primeiro ministro de Kósovo declarou que os documentos de identidade e as matrículas de Serbia ían deixar de ser válidas no seu territorio como resposta a 10 anos de invalidez das matrículas e documentos kosovares en Serbia. A medida kosovar espertou a ira das poboacións do norte limítrofes co seu veciño serbio que puxeron barricadas e bloquearon o paso.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha