Destacada actuación das nadadoras da A.D. Fogar no Nacional Infantil de Inverno

1 minutes read

Do 20 ao 22 de marzo as infantís Alba Lamas Santos (15 anos) e Noa Ferreiro Figueiras (15 anos), representaron a A.D. Fogar no Campionato de España de Natación Infantil de Inverno celebrado nas instalacións de Can Llong que pertencen ao C.N.Sabadell. O torneo nacional contou cun altísimo nivel e o concurso de 185 clubs e 495 nadadores-as. No que respecta ás da A.D. Fogar, Alba Lamas nadou as tres finais B de costas, rematando 13ª nos 50, 14ª nos 200 e 17ª nos 100. Alba mellorou os seus anteriores rexistros e tamén os absolutos do club nos 50 e os 100 metros costas. Pola súa banda Noa ferreiro nadou as probas dos 200 e os 800 libres rematando 41ª e 30ª respectivamente. A videira cita para os-as nadadores-as do Fogar será o 28 de marzo en Carballo con motivo da 3ª e última xornada preliminar da 1ª División da Liga Galega de Clubs na que están a loitar pola permanencia.