Destacada presenza da Costa da Morte en portugal para promocionar a Vía Mariana

1 minutes read

Presidentes das Cámaras municipais, alcaldes e alcaldesas, autoridades, representantes de institucións presentes así como a Asociación Vía Mariana Luso Galaica, estiveron presentes este xoves, na localidade portuguesa de Melgaço, no segundo Encontro Transfronteiriço de Presidentes de Cámara e Alcaldes da Vía Mariana. A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e o rexedor muxián, Iago Toba, asinaron un acordo de colaboración para divulgar este itinerario que une a cidade portuguesa de Braga con Muxía.

Esta ruta cultural e espiritual pretende recuperar antigos camiños históricos polos territorios do interior de Galicia e norte de Portugal. Na localidade vimiancesa, o tramo da Vía Mariana comprende desde o Orbellido a Berdoias, case 14 quilómetros nos que se pode visitar a Igrexa de Santo Antoiño de Baiñas así como o Dolmen da Casota de Freans (Berdoias), datado entre o 2.500 e o 2.000 antes de Cristo.

Entre os acordos adoptados figuran tamén o compromiso de traballar para incluír este itinerario na lista de camiños Culturais Europeos do Consello de Europa; velar polo patrimonio material e natural vinculado ao itinerario; favorecer a acollida de peregrinos en tránsito e colaborar, na medida do posible, por unha sinalización da ruta óptima para o tránsito libre e seguro de persoas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?