O Concello de Malpica continúa a promocionar a Olaría de Buño, nesta ocasión coa súa presenza na XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas, un dos eventos máis relevantes da Costa da Morte en Semana Santa.
Visitantes da mostra achegáronse ó stand da Olaría de Buño para contemplar como se fai en vivo as fermosas pezas elaboradas por artesáns da localidade malpicá.
Ademais este ano dende a concellería de Turismo, da que é responsable ó tenente alcalde Alfredo Cañizo, optouse a participar no desfile de Artesáns nas que os modelos mostraban pezas realizadas polos oleiros do Obradoiro Gorín, O Rulo, Alfarería Lista e o Taller de Feituras.
Dende o Concello de Malpica seguen a traballar para que a olaría de Buño teña o seu peso no mercado da artesanía tanto a nivel galego, español como internacional.

