- As premiadas poderán desfrutar das súas viaxes ao longo deste ano, cando a situación sanitaria o permita/
A campaña “Este Nadal en Carballo” repartiu moitos premios e os últimos sorteos celebráronse este martes no Museo de Bergantiños, nun acto no que participaron a concelleira de Normalización Lingüística, Mocidade e Festas, Maruxa Suárez Cotelo, e persoal da Concellaría de Promoción Económica.
Os premios consistiron en tres viaxes para dúas persoas cada un, con transporte e aloxamento en réxime de media pensión, que poderán realizarse cando situación sanitaria o permita.
A viaxe a Tenerife foi para Laura Gerpe Rial, Estrella Quintela Ramos poderá ir a Gran Canarias e Ángela Domínguez Bardanca gañou unha visita á Costa do Sol. Ademais destas tres premiadas houbo cinco suplentes, por se algunha gañadora renunciase.
A concelleira de Normalización Lingüística felicitou ás gañadoras e agradeceu a aposta da cidadanía polo comercio local, como demostra a elevada participación no sorteo. O único requisito que se pedía era presentar nos puntos de validación un tícket de calquera establecemento local por un importe mínimo de 30 euros.