Desvelado en Vigo o cartel musical do Marisquiño

Marisquiño 2019_Arquivo.

Este luns presentouse en Vigo a programación musical incluída no acordo entre o Xacobeo 21-22 e o festival O Marisquiño que se celebrará entre os vindeiros 11 e 14 de agosto. O anunciou do cartel levouse a cabo nos xardíns do Real Club Náutico de Vigo, moi preto do lugar no que serán os concertos, e contou coa actuación en directo do DJ vigués Viktor Flores. Serán 30 grupos os que actuarán durante tres días nos dous escenarios reservados polos organizadores. Por un lado, o peirao de Transatlánticos (zona Sunset) e, por outro, Samil (zonz Oasis). Nas dúas áreas musicais haberá música de forma continúa con un chill out.

A cita en Samil contará con diferentes estilos que van desde os ritmos urbanos como o hip-hop ao trap á electrónica, soará desde o venres ao domingo durante doce horas seguidas en ambos lugares, desde as 13:00 horas ata as 01:00 horas. No escenario Oasis Samil serán Phonotoner, Meteoro, Cactus, Elecesar, Iaghost, Iamneke, Bflecha, Russ, Morte Morrida, FonKid, La Shawty, Soren Manzoni, Babykatze, La Eterna y Eternal Entropy.

Pola súa banda, no peirao de Transatlánticos estarán Supernatural TBC, Rapariga DJ, Baron Ashler, Royce Rolo, Henry Guitarra, MC, Confraría Chalana, Baby Pantera, Youcanthide, Pedraxe, Dirty Suc, Boyanka Kostova, Pup Puppy, Adios Adios, Juicy Bae, Mwëslee, Yugen Kala e Toccoror.

No Marisquiño inclúese a proba de Break Dance, considerada como a competición desta especialidade de maior proxección en España. Un total de 150 participantes estarán en Vigo e disputarase na zona do Nadador, contando por primeira vez cunha segunda bancada para albergar á alta demanda de espectadores que sempre ten.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha