Desvelados os gañadores do X Concurso Infantil de Postais ‘Vive o Nadal en Vimianzo’


Sara Infesta proclamouse gañadora do X Concurso Infantil de Postais ‘Vive o Nadal en Vimianzo’, onde participaron un total de 128 alumnas e alumnos de Infantil e Primaria. Todas as obras estarán dispoñibles para o público na Sala de Exposicións Antón Mouzo da Casa da Cultura ata o 9 de xaneiro.

Así, tamén resultaron gañadoras as obras de Vera Ferreiro e Paula Lavandeira na categoría A; as de Mariña Reinoso e Adrián González na categoría B; as de Jimena Chao e Eire Pardiñas na categoría C e as de María Padín e a da propia Sara Infesta na categoría D, que será empregada no cartel de Nadal 2022.

Unha bóla de cristal con efecto de neve e o Castelo de Vimianzo iluminado con motivos destas Festas foi a obra vencedora e todas se levarán material didáctico ou libros de lectura. Na tarde deste domingo foi a entrega de premios.

Desde o goberno local aseguran que “o nivel foi altísimo nesta edición e poderase contemplar a maestría das pequenas e pequenos nunha Sala de Exposicións que pagará a pena visitar, seguro”, admiten.